O Centro

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve fundouse no ano 2002, resultado da sinatura dun convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade do Algarve.

O obxectivo do CEG é promover a docencia e a investigación no ámbito da lingua, a literatura e a cultura galegas en Portugal. Alén diso, o Centro desenvolve un papel importante na difusión da cultura galega no Algarve, a través de diversas actividades culturais que tentan involucrar a comunidade e abrir un espazo para o diálogo entre os dous pobos.

O primeiro director do Centro foi o profesor Pere Ferré da Ponte. No ano 2017, a profesora María Jesús Botana Vilar ocupou o cargo de directora interina e posteriormente, no ano 2021, asumiu oficialmente a devandita dirección.

A primeira lectora foi a profesora María Jesús Botana Vilar (período 2002-2008). Despois dela chegaron Antonio Iglesias Mira (2008-2011), Sandra Romarís Horta (2011-2014), Paula García Rumbo (2014-2017), Patricia Arias López (2017-2018), Raquel López Veleiro (2018-2019), Claudia Mariño Gómez (2019-2022), Lucía Salceda García (2022-2023) e Iria Domínguez Márquez (2023-2024). O profesor colaborador para o curso 2024-2025 é Héctor Pardo Álvarez.

O CEG está integrado no Departamento de Artes e Humanidades da Faculdade de Ciências Humanas e Sociais da Universidade do Algarve.

O equipo

Membro de honra

Pere Ferré
pferre@ualg.pt
Pere Ferré da Ponte é licenciado en Literatura pola Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa (1978) e Doutor en Literaturas Románicas pola Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa (1987), onde se agregou en 1996. Exerceu a docencia nas universidades de Lisboa e Nova de Lisboa, así como no estranxeiro, nas universidades de Utrecht, Colonia e na École des Hautes Études de París. Dende o ano 2000 até o seu retiro foi Professor Catedrático da Universidade do Algarve. Na actualidade, é Professor Emérito da Universidade do Algarve e Profesor Honorífico da Universidade Complutense de Madrid.

Dedicou a súa actividade científica – publicada en Portugal e no estranxeiro (España, Italia, Francia, Holanda, Estados Unidos, Brasil etc.) – ao romanceiro de tradición oral moderna, ao romanceiro antigo e á literatura española e portuguesa, sendo o fundador do Instituto de Estudos sobre o Romanceiro (Universidade Nova de Lisboa).

Actualmente, é membro do Centro de Investigação em Artes e Comunicação (Universidade do Algarve) e desenvolve tamén investigación en centros estranxeiros, como o Instituto Seminario Menéndez Pidal (Universidad Complutense de Madrid).

Froito destes traballos, iniciados hai xa máis de 30 anos, editou, entre outras obras, a primeira descrición dun corpus baladístico nacional (Bibliografia do Romanceiro Português da Tradição Oral Moderna, Madrid, 2000), ben como os primeiros catro volumes do Romanceiro Português da Tradição Oral Moderna. Versões publicadas entre 1828 e 1960, editados pola Fundação Calouste Gulbenkian, dende 2000. Tamén baixo a súa dirección, foi creado o Arquivo do Romanceiro Português.

Directora

María Jesús Botana Vilar
mjvilar@ualg.pt

María Jesús Botana Vilar é Professora Auxiliar da Universidade do Algarve e membro integrado do CIAC (Centro de Investigação em Artes e Comunicação). É licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada pola Universidade do Algarve na área da Literatura. O seu percorrido investigador comezou no proxecto da edición crítica das Cantigas de Loor, de Afonso X, desenvolvido no CIRP (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). É nesa área do medievo onde desenvolve a súa investigación e a súa produción teórica, especialmente no dominio da Literatura, da Lingua e da Iluminura medieval. Como docente da Universidade do Algarve, dirixe o Centro de Estudos Galegos, onde é coeditora da Colección Textos e Estudos.

Edición científica

Claudia Mariño Gómez
cmgomez@ualg.pt

Claudia Mariño Gómez é graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña. Posteriormente, realizou o Mestrado en Estudos Literarios e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.

Programación web, maquetaxe e deseño editorial

Juan Manuel Escribano Loza
jmloza@ualg.pt

Juan Manuel Escribano é Enxeñeiro Informático de Sistemas pola Universidade de Huelva; Especialista en Redes, Comunidades e Social Media Marketing pola Universidade de Sevilla; e Especialista en Xestión e edición de revistas académicas con software libre pola Universidade Pablo de Olavide. É tamén Técnico en Administración de Redes, Técnico en Preimpresión Dixital e Publicacións Electrónicas e posúe habilitacións profesionais de, entre outras, a Linux Foundation, a Interactive Advertising Bureau, IBM SkillsBuild e Google España. Ten desenvolvido proxectos como o Repositorio Institucional Arias Montano para a Biblioteca Universitaria de Huelva, o sitio web do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Andalucía e diferentes portais con informes anuais para o Valedor do Pobo de Andalucía.

Contactos

Localización

Centro de Estudos Galegos
Faculdade de Ciências Humanas e Sociais
Universidade do Algarve
Campus de Gambelas
8005-139 Faro
Portugal

Contacto

Email: cegalegos@ualg.pt
Teléfono: 00 351 289 800 914
Gabinete 1.31, Edifício 1 (Ext. 7118)
Gabinete 0.21, Edifício 1 (Ext. 7776)
Faculdade de Ciências Humanas e Sociais
Universidade do Algarve
Campus de Gambelas
8005-139 Faro
Portugal